Convocatoria de axudas para a financiación de proxectos do programa UNICO SECTORIAL 2022

Organización:

Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

Tipo:

Subvención en réxime de concorrencia competitiva

Obxecto e finalidade das axudas

A finalidade das axudas obxecto desta orde é promover o desenvolvemento de un ecosistema entre empresas, operadores e resto de axentes implicados para facilitar a aplicación da tecnoloxía 5G dunha maneira áxil e rápida en sectores económicos clave no noso país, impulsando así o uso desta tecnoloxía no tecido produtivo.

Características dos proxectos

A realización de proxectos de desenvolvemento experimental asociados á aplicación da tecnoloxía 5G nos sectores económicos, entendendo o desenvolvemento experimental coma a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, así coma a definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos o servizos.

Cando o obxecto da actuación o requira, esta poderá ser desenvolvida de forma individual ou en cooperación.

Os beneficiarios poderán subcontratar parte da execución do proxecto. Esta subcontratación non poderá superar o 30% do importe do orzamento financiable. As convocatorias poderán restrinxir a porcentaxe máximo de subcontratación.

Beneficiarios

  • Empresas.
  • Organismos de investigación e de difusión de coñecemento.

Gastos subvencionables

  • Custos de persoal adicado ao proxecto
  • Custos de instrumental e material inventariable.
  • Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licencia de fontes externas.
  • Gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais, incluidos custos de material, subministros e produtos similares.
  • Ata o 9 de setembro de 2022
Ficha detallada