Organización:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Tipo:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Obxecto e finalidade das axudas
Constitúe o obxecto desta orde o establecemento das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á execución de plans de innovación e de sustentabilidade no eido da industria manufactureira.
Características dos proxectos
Actuacións subvencionables:
- Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación:
- a) Proxectos de investigación industrial
- b) Proxectos de desenvolvemento experimental
- c) Proxectos de innovación en materia de organización
- d) Proxectos de innovación en materia de procesos
- Liña de Innovación en Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética:
- a) Inversións á protección do medio ambiente
- b) Inversións en medidas de aforro enerxético
Beneficiarios:
Sociedades que non formen parte do sector público, que veñan desenvolvendo unha actividade industrial durante un periodo de cando menos tres anos contados ata a data de fin de prazo de solicitude.
Gastos subvencionables
Para os proxectos da Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación:
- Custos de persoal.
- Custos de instrumental e material inventariable.
- Custos de investigación contractual.
Para os proxectos da liña de Innovación en Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética.
- Aparatos e equipos de produción.
- Edificación e instalacións.
- Activos inmateriais.
- Colaboracións externas.