Organización:
Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Tipo:
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
Obxecto e finalidade das axudas
Esta convocatoria ten por finalidade a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das entidades comprendidas no citado Segmento III. O importe máximo total das axudas reguladas nesta Convocatoria ascende a 500.000.000 €.
Características dos proxectos
Poderán destinarse estas axudas á adopción de solucións de dixitalización cuxo fin sexa substituír ás solucións xa adoptadas polo beneficiario, sempre que supoñan unha mellora funcional. De conformidade co art. 3.2 das BBRR, haberá mellora funcional cando concorran as siguientes circunstancias:
- Que a solución de dixitalización sexa completamente nova e cumpra todos os requisitos mínimos da categoría á que pertenza.
- Que a solución a substituír non cumpra algún dos requisitos mínimos esixidos na mesma categoría de solución de dixitalización correspondente.
O importe máximo de axuda por beneficiario será 2.000 €, ao estar dirixidas únicamente ao Segmento III.
Beneficiarios
Pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea ubicado en territorio español, comprendidas no Segmento III que establece o art. 7.2 das BBRR:
- Segmento III: Pequenas empresas ou Microempresas entre 0 e menos de 3 empregados.
Gastos subvencionables
- Serán subvencionables os gastos, no límite das contías máximas establecidas, en que incorra o beneficiario para a adopción das solucións de dixitalización dispoñibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa, que cumpran co establecido no 19 das BBRR.
- Ademais, serán subvencionables coma parte dunha solución de dixitalización, os dispositivos que se inclúan na modalidade de pago por uso, cando o seu subministro sexa imprescindible para a prestación da solución contratada, sen que poidan ser utilizados para outros fins distintos.