Axudas para realizar actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias

Organización:

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Tipo:

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva

Obxecto e finalidade das axudas

A concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo final de enerxía en explotacións agropecuarias para contribuir a alcanzar o obxectivo de aforro enerxético fixado na Directiva 2012/27/UE e por en práctica a estratexia a longo prazo para mobilizar inversións no sector da agricultura, mellorando o seu rendemento e reducindo o consumo de enerxía no marco dos obxectivos do Plan Nacional 2021-2030.

Características dos proxectos

Actuacións que reduzan o consumo de enerxía final do proceso da explotación agropecuaria afectado polo menos nun 10% con relación á situación de partida.

Dúas actuacións subvencionables:

  • Actuación 1: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de regadío.
  • Actuación 2: Mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias.

Orzamento de 1,67 M€.

A inversión mínima para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 5.000€ (IVA non incluido).

Cada solicitante poderá presentar como máximo unha solicitude á Actuación 1 e outra á Actuación 2

Beneficiarios

Todos os suxeitos que se enumeran art.11.1 das BBRR (Real Decreto 149/2021,10 Marzo) sempre que teñan residencia fiscal ou establecemento permanente na CCAA de Galicia.

Gastos subvencionables

  • Actuacións sobre a envolvente térmica para reducir a demanda de calefacción e refrixeración
  • Actuacións nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración ou ventilación
  • Mellora da eficiencia enerxética
  • Substitución de enerxía convencional por enerxías renovables
  • Reforma ou substitución da instalación de iluminación (interior e exterior)
  • Renovación de motores para accionamientos mecánicos e outros servizos propios destas actividades
  • Do 22 de xuño de 2021 ao 31 de decembro de 2023
Ficha detallada