BBRR e convocatoria de concesión de axudas dirixidas a impulsar a innovación a través da iniciativa «Activa Startups» no marco do PRTR

Organización:

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Tipo:

Subvención en réxime de concorrencia competitiva

Obxecto e finalidade das axudas

A presente resolución ten por obxecto convocar a concesión de axudas dirixidas a impulso da innovación aberta a través de casos de colaboración empresa e startup, que axuden ao crecemento e transformación dixital das empresas de calquera sector, a través do programa «Activa Startups», no marco do PRTR.

As axudas suporán unha inversión de 1.200.000 € cunha estimación de 30 pemes beneficiarias. O ámbito xeográfico de aplicación é a CCAA de Galicia.

Beneficiarios

  • Empresas que teñan a condición de PEME con actividade en calquera sector (exceptuando os do 1) e con domicilio fiscal na CCAA de Galicia.
  • As startups asesorarán e apoiarán ás beneficiarias participando no proceso de innovación.

Gastos subvencionables

Custos directos de execución: Gastos de persoal ou servizos, así coma custos de material, produtos ou aluguer de instalacións.

Custos indirectos: Gastos non vinculados a unha actividade específica. (15% sobre os gastos de persoal subvencionables).

  • Desde o 29 de xuño de 2022 ata o 29 de xullo de 2022