Organización:
Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Tipo:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Obxecto e finalidade das axudas
O obxecto desta orde é o establecemento das bases reguladoras da concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva. A finalidade das axudas obxecto desta orde é fomentar o desenvolvemento dun ecosistema de investigación e innovación con sede en España en torno ás tecnoloxías 5G avanzado e 6G permitindo o desenvolvemento de novos servizos intelixentes que faciliten a transición dixital e ecolóxica da nosa economía.
Características dos proxectos
- Subprograma de infraestruturas de investigación e equipamento científico-técnico: Deberán ser proxectos individuais cun orzamento mínimo de 300.000€ e máximo de 2.000.000€. A intensidade da axuda poderá ser ata o 100%. Contía total máxima: 23.000.000€.
- Subprograma de proxectos de I+D en 5G avanzado: Deberán ser proxectos individuais cun orzamento mínimo de 300.000€ e máximo de 2.000.000€. A intensidade da axuda permite obter un máximo do 80% da subvención. Contía total máxima: 93.000.000€.
Beneficiarios
- Organismos de investigación e de difusión de coñecementos e de infraestruturas de investigación.
- Empresas.
Gastos subvencionables
- Custos de persoal.
- Custos de mobilidade.
- Custos de inmovilizado material.
- Custos de adquisición de material funxible.
- Custos de adquisición de activos inmateriais.
- Custos de solicitude de dereitos de propiedade industrial e intelectual.
- Custos de investigación contractual, coñecementos e patentes.
- Custos de apoio e asesoramento en materia de innovación.
- Outros custos de asesoramiento, realización de estudos, difusión e publicidade.
- Custos de informe de auditoría.