Organización:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Tipo:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Obxecto e finalidade das axudas
A presente resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas a entidades locais, destinadas ao desenvolvemento de plans e proxectos dirixidos á introdución de melloras nas zonas comerciais turísticas. Para ter esta consideración e ser beneficiarias, as entidades deben cumprir algún destes requisitos:
- Ter >25.000 pernoctacións ao ano.
- Ter >30% de segundas residencias.
- Ter >7% de traballadores afiliados á SS pertencentes ás CNAEs 45, 46 e 47.
Características dos proxectos
As actuacións incluídas no marco desta axuda inclúen:
- Inversión en novas tecnoloxías.
- Aplicación de solucións tecnolóxicas para a mellora da eficiencia enerxética.
- Procesos eficientes desde un punto de vista tecnolóxico.
- Formación de persoal.
- Adaptación dos espazos públicos para a mellora da accesibilidade.
As actuacións estarán relacionadas con algunha das categorías de gastos subvencionables.
O importe da financiación a conceder será dun 80% do proxecto considerado financiable, ata un máximo de 2.000.000€.
Beneficiarios
– Municipios: poboación > 20.000 habitantes e os inferiores a 5.000 habitantes pero cunha poboación superior contando a poboación flotante.
– Provincias e illas: cando o proxecto estea destinado a población de entre 5.000 e 20.000 habitantes.
– CCAA uniprovinciais e concellos: poboación > 5.000 habitantes.
Gastos subvencionables
Débese presentar unha solicitude de axuda única que pode englobar unha ou varias categorías de gasto:
- Gastos relacionados con inversións en vía pública.
- Gastos relacionados con actuacións que teñan un impacto na dixitalización do sector comercial.
- Gastos relacionados coa sustentabilidade e economía circular.
- Gastos de formación en idiomas dirixidos a empregados e autónomos do sector comercio.
- Todos aqueles gastos indispensables para a implantación da solución tecnolóxica.