Convocatoria de axudas á dixitalización de empresas de segmento II (entre 3 e > 10 empregados) (Programa Kit Dixital)

Organización:

Red.es - Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

Tipo:

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva

Obxecto e finalidade das axudas

Esta convocatoria ten por finalidade a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das entidades comprendidas no Segmento II, seleccionando, en réxime de concesión directa, aos beneficiarios das axudas mediante un procedemento de concorrencia non competitiva.

Características dos proxectos

  • Adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado cuxas referencias estean no Catálogo de Solucións de Digitalización do Programa Kit Dixital, cuxa fin sexa substituír as solucións xa adoptadas polo beneficiario, sempre que supoñan unha mellora funcional. Considerarase unha mellora cando a solución de dixitalización sexa completamente nova e cumpra todos os requisitos mínimos da categoría á que pertenza.
  • O importe máximo total das axudas reguladas ascende a 500 millóns de euros. O importe máximo de axuda por beneficiario será de 6.000€.

Beneficiarios

  • Pequenas empresas.
  • Microempresas
  • Persoas en situación de autoemprego.

Gastos subvencionables

Serán subvencionables única e exclusivamente os gastos en que incorra o beneficiario para a adopción das Solucións de dixitalización dispoñibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa do Kit Dixital

  • Dende o 2 de setembro de 2022 ata o 2 de setembro de 2023
Ficha detallada