Organización:
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Tipo:
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
Obxecto e finalidade das axudas
Esta resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023, para os programas 1, 2 e 3 de incentivos de autoconsumo e almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, dacordo coas BBRR previstas no RD 477/2021.
A incorporación do autoconsumo con fontes de enerxía renovable nos sectores produtivos xunto co seu impulso en edificios públicos no sector residencial suporá unha contribución significativa para alcanzar os obxectivos das enerxías renovables, optimizando a súa xestión e evitando ineficiencias do sistema ao unir produción e demanda.
Características dos proxectos
– Para os programas de incentivos 1 e 2, as instalacións de fotovoltaica e/ou eólica para autoconsumo, con ou sen almacenamento.
– Para ol programa de incentivo 3, a incorporación de almacenamento en instalacións de fotovoltaica e/ou eólica existentes.
Serán elixibles as instalaciones de almacenamento que cumpran as seguintes características:
– Non pode estar conectado directamente á rede.
– Cociente de capacidade/potencia xerada ≤ 2 kWh/kW.
– As tecnoloxías plomo-ácido non serán elixibles.
Todas as instalacións deberán contar cun sistema de monitorización de enerxía eléctrica producida pola instalación obxecto da subvención.
Beneficiarios
– Empresas, incluidas as empresas de servizos enerxéticos.
– Xestores de polígonos industriais.
– Persoas xurídicas ou agrupacións de empresas que realicen actividades económicas.
– Entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas.
– Comunidades de enerxías renovables e cidadás de enerxía.
Gastos subvencionables
-A inversión en equipos e materiais.
-Custos de execución das obras e/ou instalacións.
-Equipamientos electromecánicos, hidráulicos, de control e auxiliares.
-Sistema eléctrico xeral de Alta Tensión e Baixa Tensión.
-Sistemas de xestión, control activo e monitorización.
-O custo do desmantelamento das instalacións existentes.
– Os custos da dirección facultativa e redacción de proxectos.
-Coordinación de Seguridade e Saúde da obra.