Convocatoria do Programa de Apoio ao Emprendemento Industrial no marco do PRTR

Organización:

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Tipo:

Concesión directa - instrumental

Obxecto e finalidade das axudas

O Programa de Apoio al Emprendemento Industrial levarase a cabo a través das Sociedades de Garantía Recíproca. Ten como finalidade apoiar financeiramente ás PEMES que realicen proxectos industriais de emprendmento ou crecimiento desenvolvidos. Bonificaranse os custos de financiación que solicite a PEME: a comisión de aval das SGR, os intereses do préstamo e os gastos de estudo e apertura da operación de aval e o préstamo. As necesidades que motivan esta intervención: aumentar o PIB, a dimensión da empresa industrial e o posible fallo de mercado do sector privado para conceder financiación industrial a longo prazo.

Características dos proxectos

-Os proxectos de inversión elixibles son os seguintes:

  • Emprendemento: creación de novos establecementos industriais por parte dunha PEME, creada dentro dos 3 anos anteriores á data de formalización da operación de financiación.
  • Crecemento: elixibles os proxectos de inversión de PEME, aínda que teñan máis de 3 anos de antigüidade, dirixidos a un cambio de escala na produción ou mellora de competitividade, inclúe:

– Creación dun novo establecemento industrial.

– Traslado que implique crecemento de capacidade – non só un cambio de localización.

-Ampliación de capacidade produtiva – por creación de novas liñas ou ampliación das existentes.

-Melloras do sistema produtivo para incrementar a competitividade, incluíndo mellora enerxética ou de impacto ambiental e a robotización e dixitalización.

Beneficiarios

  • PEMES, definidas conforme á Recomendación 2003/361/CE da Comisión, cuxa actividade se desenvolva nos sectores manufactureiro e servizos á industria.
  • Inclúese como Anexo 1 a este acordo a relación de actividades cos Códigos CNAE elixibles.

Gastos subvencionables

  • Adquisición ou adecuación de instalacións ubicadas en España. Se se adquire un terreo, o peso na operación de financiación non poder ser superior a 1/3 do total.
  • Adquisición de aparatos e equipos de produción.
  • Enxeñaría de procesos de produción (dixitalización, asistencia técnica… )
  • Gastos de primeira constitución, só en operacións de emprendemento.
  • Gastos de circulante asociado aos proxectos de inversión que se financian coa operación garantida.
  • Do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023