Organización:
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial E.P.E. (CDTI)
Tipo:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Obxecto e finalidade das axudas
Apoiar proxectos de investigación precompetitiva en cooperación, liderados por empresas, para conseguir unha investigación relevante que propoña solucións a desafíos transversais e estratéxicos da sociedade española; a mellora da base do coñecemento e tecnoloxía na que se apoian as empresas españolas para competir; e estimular a cooperación público-privada.
Beneficiarios
- Organismos Públicos de Investigación.
- Universidades públicas e os seus institutos universitarios.
- Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica.
Gastos subvencionables
- Custos de persoal.
- Custos de instrumental e material inventariable.
- Custos de investigación contractual.
- Os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais.
- O gasto derivado do informe, ata 1.500€ por beneficiario e anualidade, realizado por un auditor.