O pasado 1 de agosto o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou a Orde ICT/738/2022, do 28 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ao fortalecemento industrial do sector agroalimentario dentro do PERTE Agroalimentario, no marco do PRTR.
A Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, que dinamiza o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza unha sesión divulgativa onde se analizarán con detalle los requisitos e condicións das bases reguladoras, así coma o alcance das actuacións individuais e en cooperación dos tres bloques do PERTE: Competitividade, Sustentabilidade e Trazabilidade e seguridade alimentaria.
O obxectivo desta sesión será mostrar as oportunidades que o PERTE Agroalimentario pode presentar para as empresas do sector alimentario de Galicia. Ademais presentaranse as ferramentas de apoio que a Oficina Técnica Next Generation Galicia Food pon a disposición das empresas do sector.
A asistencia ao evento será online, previa inscripción no formulario que aparece a continuación. Os asistentes poderán participar de forma activa no debate aberto que se estableza durante a xornada. Para calquera consulta pode contactar con Clusaga no teléfono 981 55 60 62 ou no correo electrónico info@clusaga.org.