Xornada online “Aspectos clave do PERTE de Economía Circular”

O PERTE de Economía Circular busca acelerar a transición cara un sistema produtivo máis eficiente e sustentable no uso de materias primas. A economía circular supón un novo paradigma de produción e consumo no que se optimizan os recursos e se minimizan os residuos xerados. Trátase de impulsar unha transición do actual modelo económico liñal baseado en producir-consumir-tirar a outro no que se reduza a pegada ecolóxica fomentando accións coma o reciclaxe e a reutilización dos produtos.

Nesta xornada, Ignacio Niño, senior advisor de Sector Público de EY e Especialista en Next Generation, analizará as oportunidades que o PERTE de Economía Circular presenta para as empresas do sector alimentario de Galicia.

Ademais, Ana Manso, senior manager e Global Government & Public Sector de EY; e Xosé Ramón Vázquez, responsable de Innovación Tecnolóxica do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga); presentarán as ferramentas que a Oficina técnica Next Generation Galicia Food pon a disposición do sector e que fan posible aproveitar ditas oportunidades para o seu crecemento.

A asistencia ao evento será online previa inscrición. O prazo para facelo manterase aberto ata o vindeiro 19 de maio ás 16.30 horas. A ligazón de conexión será enviada ao correo facilitado no formulario a tarde antes da xornada.

Os asistentes poderán participar de forma activa no debate aberto que se estableza e poderán solicitar unha reunión para presentar as súas propostas de proxectos para optar a estes fondos

Detalles da programación de eventos

  • 20 Maio 2022
Compartir
Engadir ao Calendario