Xornada online | PERTE Agroalimentario coma panca de transformación dixital. Ferramentas e servizos de apoio á dixitalización do sector alimentario e das bebidas

A Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza o vindeiro 7 de xullo, en horario de 12.00 a 13.30, a xornada online titulada “PERTE Agroalimentario como panca de transformación dixital. Ferramentas e servizos de apoio á dixitalización do sector alimentario e das bebidas”.

Obxectivo do webinar

O crecemento do sector da Alimentación e Bebidas, así coma a mellora da súa competitividade, pasan pola necesaria transformación dixital. Ademais, esta supón para as pemes unha oportunidade única para adaptarse a un presente dixital marcado polos fondos Next Gen EU.

Por este motivo, o obxectivo deste webinar é fomentar a dixitalización do sector informado de iniciativas de interese e apoios que permitan abordar esta transformación dixital. Para isto analizaranse as solucións dixitais aliñadas cos intereses do sector alimentario de Galicia e os fondos Next Gen e, en particular, co PERTE AGRO.

En concreto, contará coa participación da Federación Española de la Industria de la Alimentación y Bebidas (FIAB), que presentará el Centro de Dixitalización do Sector.

Tamén se presentarán as ferramentas que a Oficina técnica Next Generation Galicia Food pon a disposición do sector, e que fan posible aproveitar ditas oportunidades de crecemento.

Inscrición requerida

A asistencia ao evento será online previa inscrición. Os asistentes poderán participar de forma activa no debate aberto que se estableza na sesión, e poderán solicitar unha reunión para presentar as súas propostas de proxectos que podan optar a estes fondos.

Detalles da programación de eventos

  • 7 Xullo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario