Programas
PRTR – Compoñente 3: Transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro
Descrición
O sector agroalimentario demostrou de novo durante a emerxencia sanitaria o seu carácter estratéxico ao permitir á poboación ter acceso a un suministro de alimentos estable en cantidade, prezo e calidade. É, ademáis, un sector clave para enfrontar o reto demográfico e o equilibrio territorial entre as áreas rurais e as urbanas, e contribúe, ademáis, a equilibrar a balanza comercial de España, cunhas exportacións que superan os 53.700 millóns de euros e un saldo positivo de 14.600 millóns. O sector agroalimentario debe seguir transformándose e adaptándose para responder aos retos da globalización, da dixitalización e do cambio climático, e para atender ás necesidades dunha poboación cada vez máis concienciada coa produción sustentable e a calidade dos alimentos. Por ese motivo, este compoñente oriéntase a lograr a transformación ambiental e dixital do sector, cunha enorme capacidade de arrastre sobre a actividade e o emprego. Con isto búscase reforzar o sistema agroalimentario, mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, fomentar a innovación e a eficiencia enerxética, e acadar un mellor uso dos recursos, especialmente dos hídricos.Reformas
- C3.R1 Modificación da normativa reguladora das relacións comerciais na cadea alimentaria.
- C3.R2 Desenvolvemento e revisión do marco regulatorio en materia de sustentabilidade ambiental da gandería.
- C3.R3 Marco lexislativo sobre a nutrición sustentable nos solos agrícolas.
- C3.R4 Impulso á gobernanza e á sustentabilidade das inversións nos regadíos españois.
- C3.R5 Execución do II Plan de Acción da Estratexia de Dixitalización do sector agroalimentario e do medio rural.
- C3.R6 Revisión do marco normativo nacional para a regulación da pesca sustentable.
Inversións
- C3.I1 Plan para a mellora da eficiencia e a sustentabilidade en regadío.
- C3.I2 Plan de Impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandería (I). Modernizar os laboratorios de sanidade animal e vexetal.
- C3.I3 Plan de Impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandería (II). Reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en viveiros e explotacións gandeiras, mellorando a prevención de enfermidades animais e plagas vexetais.
- C3.I4 Plan de Impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandería, (III). Inversións en agricultura de precisión, eficiencia enerxética e economía circular no sector agrícola e gandeiro.
- C3.I5 Estratexia de Dixitalización do sector Agroalimentario e Forestal e do Medio Rural. Desenvolvemento de actuacións para dar apoio á dixitalización e o emprendemento do sector agroalimentario e forestal e do medio rural.
- C3.I6 Plan de impulso á sustentabilidade, investigación, innovación e dixitalización do sector pesqueiro (I). Modernización da Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro.
- C3.I7 Plan de impulso á sustentabilidade, investigación, innovación e dixitalización do sector pesqueiro (II). Impulso á investigación e formación no sector.
- C3.I8 Plan de impulso á sustentabilidade, investigación, innovación e dixitalización do sector pesqueiro (III). Fomento do desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no sector pesqueiro e acuícola, para o impulso da economía azul.
- C3.I9 Plan de impulso á sustentabilidade, investigación, innovación e dixitalización do sector pesqueiro (IV). Dixitalización e uso de TICs no sector pesqueiro.
- C3.I10 Plan de impulso á sustentabilidade, investigación, innovación e dixitalización do sector pesqueiro (V). Apoio á loita contra a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada.
- C3.I11 Plan de impulso á sustentabilidade, investigación, innovación e dixitalización do sector pesqueiro (VI). Apoio á financiación do Sector Pesqueiro, para a mellora da competitividade, as condicións laborais e a seguridade abordo.
Ligazóns de interese
Ligazóns de interesePRTR – Compoñente 7: Despregamento e integración de enerxías renovables
Descrición
O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) (2021-2030) prevé un crecemento significativo da penetración das enerxías renovables en España, cheegando en 2030 ao 74% no eido eléctrico e ao 42% sobre o uso final. Neste contexto, o principal obxectivo perseguido é incrementar o uso de enerxía renovable sobre o consumo de enerxía final e aproveitar a oportunidade social e económica deste despregamento, a través de:- o desenvolvemento dun marco normativo claro e previsible que promova a inversión privada en renovables, reforce a participación social neste eido e maximice a axeitada integración ambiental e social das renovables.
- o asentamento e a consolidación da cadea de valor industrial no ámbito das renovables.
- o apoio ao desenvolvemento e a innovación en tecnoloxías de xeración renovable ou na integración de dita xeración nos usos finais.
- o desenvolvemento de capacidades e coñecementos que contribúan ao aprovecitamento das oportunidades laborais do desenvolvemento de renovables.
Refomas
- C7.R1 Marco normativo para o fomento da xeración renovable
- C7.R2 Estratexia Nacional de Autoconsumo
- C7.R3 Desenvolvemento das comunidades enerxéticas
- C7.R4 Marco para a innovación e desenvolvemento tecnolóxico das enerxías renovables
Inversións
- C7.I1 Desenvolvemento de enerxías renovables innovadoras, integradas na edificación e nos procesos productivos
- C7.I2 Enerxía sustentable nas illas
Ligazóns de interese
Ligazóns de interesePRTR – Compoñente 12: Política Industrial España 2030
Descrición
Reformas
- C12.R1 Estratexia Española de Impulso Industrial 2030.
- C12.R2 Política de residuos e impulso á economía circular.
Inversións
- C12.I1 Espazos de datos sectoriais (contribución a proxectos tractores de dixitalización dos sectores produtivos estratéxicos). En liña coa Estratexia Europea do Dato, o obxectivo deste investimento é a posta en marcha de grandes espazos de datos comúns industriais e seguros, que axudará ao impulso da innovación empresarial nos principais sectores produtivos estratéxicos da economía, entre eles, o sector agroalimentario, o sector da mobilidade sostible, o sector saúde e o sector comercial, entre outros.
- C12.I2 Programa de impulso da competitividade e sustentabilidade industrial. Este investimento pretende principalmente impulsar a transformación das cadeas de valor estratéxicas de sectores industriais con gran efecto tractor na economía, englobando a todas as partes que operan nesa cadea de valor, desde as empresas emerxentes máis pequenas ata as compañías máis grandes, desde o mundo académico ata o persoal investigador e desde os prestadores de servizos ata os provedores. Dada a estrutura das empresas industriais en España, prevese un importante compoñente de apoio á peme. Apoiaranse principalmente proxectos que se consideren estratéxicos para a transición industrial, favorecendo a transformación de sectores como, a automoción e o vehículo eléctrico, o sector agroalimentario, da saúde, o aeronáutico e naval, así como os sectores industriais vinculados ás enerxías renovables, entre outros.
Ligazóns de interese
Mais informaciónPERTE Agroalimentario
Descrición
O sector agroalimentario español ten un valor estratéxico innegable para a economía nacional, non só desde un punto de vista económico pola seu aportación ao PIB nacional, ou pola sua proxección internacional co seu impacto directo na imaxe e cultura do noso país, senón tamén dende a vertente social e ambiental, xa que prové á poboación de bens esenciais para a súa subsistencia, aspecto chave que se puxo de manifesto nos peores momentos da crise sanitaria provocada pola Covid-19, onde o sector agroalimentario español e tódolos axentes que forman parte da súa cadea de valor (produtores primarios, transformación, comercialización e distribución) teñen desempeñado unha actividade esencial durante este período, garantindo a seguridade alimentaria a tódala poboación A posición do sector na nosa economía e a súa importancia para fortalecer a cohesión social e territorial fai que sexa imprescindible apostar de xeito decidido a través do PERTE Agroalimentario pola innovación e a dixitalización de todo o sector, a través de programas de apoio que promovan unha producción agroalimentaria sostible, competitiva e resiliente.Eixos
- EIXO 1: Paquete de apoio específico para a industria agroalimentaria, co obxectivo de mellorar os seus procesos de produción, vinculados coa súa competitividade, sustentabilidade e rastrexabilidade da produción de alimentos. A principal medida, xestionada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, impulsará proxectos tractores que melloren a competitividade, a sustentabilidade e a rastrexabilidade da industria alimentaria. Dotación: 400 millóns de euros.
- EIXO 2: Medidas concretas para apoiar o proceso de adaptación dixital e que se estenda a todos os axentes que forman parte da súa cadea de valor (agricultores e gandeiros e as súas cooperativas, pequenas e medianas empresas de produción, transformación e comercialización). Destaca, para as pequenas empresas e microempresas agroalimentarias, así como para autónomos, o Programa Kit Dixital, do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do que se poderían beneficiar cuns 275 millóns de euros co obxectivo de que dixitalicen os seus procesos ou poñan en marcha unha tenda en liña. Desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, coas miras postas en agricultores e gandeiros, o desenvolvemento do Sistema de Información de Explotacións Agrarias ( SIEX) pretende avanzar na dixitalización do caderno de campo para simplificar a súa relación coa administración, datos que poderán utilizar para mellorar a súa xestión empresarial. Dotación: 454,35 millóns de euros.
- EIXO 3: Medidas específicas de apoio á innovación e a investigación para lograr un sector agroalimentario competitivo en tódolos elos. Unha das liñas de I+D+i que se realizará da man das Comunidades Autónomas, permitirá avanzar, a través de varios proxectos prioritarios de agroalimentación e das ciencias do mar, en produtividade, competitividade, sustentabilidade e calidade. Dotación: 148,56 millóns de euros.
Kit Dixital
Obxecto e finalidade das axudas
Executar o Programa Kit Dixital, dirixido á dixitalización das empresas e persoas en situación de autoempleo. Ten por finalidade a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das empresas e persoas en situación de autoemprego.Características dos proxectos
Poderán destinarse estas axudas á adopción de solucións de dixitalización cuxo fin sexa sustituir ás solucións xa adoptadas polo beneficiario, sempre que supoñan unha mellora funcional:- A solución debe ser completamente nova e cumprir todos os requisitos mínimos da categoría á que pertence.
- A solución sustituída non cumplira con algón dos requisitos mínimos esixidos na mesma categoría de solución de dixitalización correspondente.
Beneficiarios
As pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego con domicilio fiscal en territorio español: Segmento I: Pequenas empresas entre 10 e menos de 50 empregadosGastos subvencionables
Os gastos en que incorra o beneficiario para a adopción das solucións de dixitalización dispoñibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa, que respondan á natureza da actividade subvencionada. Non se considerarán subvencionables:- IVA, IRPF, IS así coma outros tributos e tasas
- Gastos financeiros
- Gastos de infraestrutura e obra civil
- Terreos
- Hardware e servizos de telecomunicación e conectividade a Internet
- Intereses de débedas ou de mora de sancións
Ligazóns de interese
Máis informaciónPrograma CE Implementa
Obxecto e finalidade das axudas
Fortalecer o sistema de apoio aos actores interesados na creación e desenvolvemento de comunidades enerxéticas, contribuíndo a unha descarbonización xusta e inclusiva mediante o fomento das inversións en infraestruturas verdes e a participación de actores non tradicionalmente involucrados no sector enerxético.Características dos proxectos
- Os proxectos piloto singulares que selleven a cabo polas comunidades enerxéticas beneficiarias das axudas, que fomenten a participación no sector enerxético de actores non participantes no mesmo tradicionalmente, e realicen unha ou varias das actuacións descritas no anexo I.
- A realización das actuacións deberá de contemplarse nun plan de traballo que conteña un plan de negocio.
Beneficiarios
Persoas xurídicas, públicas ou privadas, legal e validamente constituídas, con domicilio fiscal en España, que conformen unha comunidad enerxética segundo o establecido no art. 2.1. da Orde.Gastos subvencionables
- a) Os custos de xestión da solicitude e da xustificación
- b) A elaboración dos proxectos técnicos e os custos de redacción dos pregos obxecto de licitación
- c) Os custos de execución das obras, incluíndo obra civil e/ou montaxe das instalacións
- d) A inversión en equipos, materiais e instalacións auxiliares
- e) Sistemas de xestión, control activo e monitorización
- f) Os custos de ferramentas de xestión
- g) Os custos de comunicación
- h) Os custos relativos ás obrigas do principio DNSH
PERTE-Dixitalización do Ciclo da Auga: A xestión do ciclo da auga en España
Resumo
A auga é un dos recursos básicos e esenciais para a vida e tamén é unha compoñente estratéxica das economías dos distintos países do planeta. Ademais, é un sector que no marco da transición ecolóxica presenta un enorme potencial económico. Conforme ao informe das Nacións Unidas sobre o desenvolvemento dos recursos hídricos no mundo 2016: a metade da man de obra mundial está empregada en oito sectores que dependen da auga e dos recursos naturais. Disto dedúcese que a auga posúe un enorme potencial económico: unha xestión sustentable e eficiente da auga, o acceso a un subministro seguro, fiable e asequible de auga e a existencia de servizos de saneamento axeitados, melloran o nivel de vida, expanden as economías locais e promoven a creación de postos de traballo máis dignos e unha maior inclusión social. O regadío foi e segue sendo un dos piares do desenvolvemento rural, do equilibrio territorial e da seguridade alimentaria. É un elemento básico do noso sistema agroalimentario e é o principal usuario da auga en España. A superficie regada en España supón un 22,6 % referido á superficie cultivada, contribuíndo nun 65% á produción final vexetal. Os principais sistemas de regadío distribúense do seguinte xeito:- O sistema de rego localizado atópase implantado en 2.032.755 ha, o que supón o 53% do total da superficie regada.
- O sistema de rego por gravedade concentra o 23% con 902.163 hectáreas.
- O sistema de rego por aspersión e automotriz suma 893.828 ha, supoñendo o 24%.
Obxectivos
Este PERTE ten como obxectivo a modernización do ciclo da auga a través de tres ferramentas: a dixitalización -que é a ferramenta principal, a innovación e a formación. Deste xeito, a xestión da auga será eficiente e sustentable. Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes catro obxectivos específicos:- Mellorar o coñecemento dos usos da auga para consolidar unha xestión integrada dos recursos hídricos
- Incrementar a transparencia na xestión da auga en España
- Contribuír ao cumprimento dos obxectivos ambientais establecidos na planificación hidrolóxica
- Xerar emprego de alta cualificación técnica
Ligazóns de interese
Nota informativaPERTE de Economía Circular
Resumo
A necesidade de progresar nunha economía circular converteuse nun tema irrefutable para aliviar a presión sobre os recursos naturais finitos, así como garantir a sustentabilidade do noso planeta. Os principios e orientacións da Economía Circular son unha prioridade para o governo español e para a Unión Europea (UE), constituíndo un sistema de sinerxías e oportunidades clave para a reactivación económica, impulsando novas actividades e emprego e sobre todo aliviando a dependencia exterior en momentos de redución da dispoñibilidade de ditas materias primas. O PERTE de Economía Circular fixa axudas de 492 millóns de euros e mobilizará recursos superiores aos 1.200 millóns entre inversión pública e privada que se desenvolverán desde este ano 2022 e ata 2026. O avance cara unha Economía Circular converteuse nunha necesidade incontestable para aliviar a presión sobre recursos naturais finitos, garantir sustentabilidade do planeta e gañar en eficiencia e competitividade. Todo isto para alcanzar unha economía sustentable, competitiva, descarbonizada e eficiente no uso dos recursos.Obxectivos
- Reducir a xeración de residuos
- Fomentar as plantas de tratamento
- Incrementar a dixitalización
Ligazóns de interese
Nota informativaPERTE de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento
Introdución
Impactos- Consolidar as cadeas de valor de enerxías renovables e a súa integración nos distintos sectores.
- Impulsar a innovación social e de modelo de negocio.
- Posicionar España como referente tecnolóxico na produción e aproveitamento do hidróxeno renovable.
- Desenvolver e despregar tecnoloxías e novos modelos de negocio ligados ao almacenamento enerxético e a xestión flexible.
Obxectivos
- Consolidar a cadea de valor nacional en transición enerxética para dotar ao país, no contexto da Unión Europea, de autonomía estratéxica que permita dar resposta a este proceso con capacidades tecnolóxicas, industriais, de coñecemento e de modelo de negocio propias, e facilitar a integración destas solucións no conxunto do tecido produtivo do país.
- Maximizar as oportunidades de xeración de emprego sustentable que este proceso de transición enerxética brinda, aproveitando o potencial humano e de coñecemento do país e dotándoo das ferramentas necesarias para a súa posta en valor.
- Posicionar o sector empresarial nacional de xeito manera que poida anticiparse aos futuros retos, nichos ou áreas de competencia para que poidan adquirir e manter no tempo liderazgo a nivel europeo e global.
Ligazóns de interese
Nota informativaProgramas «Activa Industria 4.0», «Activa Crecemento» e «Activa Ciberseguridade» – PRTR
Obxecto e finalidade das axudas
Favorecer o crecemento das pemes, impulsar a súa transformación dixital e mellorar os seus niveis de ciberseguridade. As características específicas de cada un dos programas, o número de horas, as temáticas, fases e duración concretos, así coma as características dos beneficiarios estarán definidas nas distintas convocatorias que se realicen ao amparo da presente Orde. Estas axudas teñen carácter de axudas de minimis e son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.Características dos proxectos
- Activa Industria 4.0: programa de asesoramento cuxo obxectivo é ofrecer un diagnóstico da situación dixital da empresa, e elaborar un Plan de Transformación que incluirá definición, cuantificación e priorización de oportunidades de dixitalización.
- Activa Crecemento: programa de asesoramento cuxo obxectivo é ofrecer un diagnóstico e análisis da empresa para detectar as súas áreas potenciais de crecemento e elaborar un Plan de crecemento con propostas de mellora en innovación, RRHH, operacións, dixitalización e marketing.
- Activa Ciberseguridade: programa de asesoramento cuxo obxectivo é analizar a situación actual da empresa en materia de Ciberseguridade e elaborar un plan de mellora na materia.
Beneficiarios
Empresas que teñan a condición de peme, que teñan personalidade xurídica en España e estean legalmente inscritas no rexistro. Deberán cumplir, ademais, os requisitos recollidos no art.7 das BBRRGastos subvencionables
Trátase de axudas en especie consistentes na recepción dun servizo de asesoramento especializado e individualizado dirixido a favorecer o crecemento das pemes, impulsar a súa transformación dixital e mellorar os seus niveis de ciberseguridade no marco dos programas «Activa Industria 4.0», «Activa Crecemento» ou «Activa Ciberseguridade». Este asesoramento será prestado polas entidades colaboradoras seleccionadas para cada programa mediante o procedemento de licitación correspondente.Ligazóns de interese
Máis informaciónNota informativa sobre o Programa Kit Dixital
- Segmento I: de 10 a 49 empregados
- Segmento II: de 3 a 10 empregados
- Segmento III: de 1 a 3 empregados
- Sitio Web, presencia en Internet e Comercio electrónico
- Xestión de Redes Sociais
- Xestión de Clientes
- Business Intelligence e Analítica
- Xestión de procesos
- Factura Electrónica
- Servizos e ferramentas de Oficina Virtual
- Comunicacións Seguras
- Ciberseguridade
Nota Informativa sobre a Convocatoria Red.es
Convocatorias
Apoio aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovable ( biogás e biomasa agrícola)
Obxecto e finalidade das axudas
Mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social en alomenos 5.000 explotacións, que completaron proxectos relacionados coa agricultura de precisión, a eficiencia enerxética, a economía circular e o uso de enerxías renovables no segundo trimestre de 2026.Data:
A determinar polas CCAA
Organismo:
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
Temática:
Subvención en concorrencia competitiva
Apoio á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro
Objecto e finalidade das axudas
Mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social en polo menos 5.000 explotacións, que completaron proxectos relacionados coa agricultura de precisión, a eficiencia enerxética, a economía circular e o uso de enerxías renovables no segundo trimestre de 2026.Data:
A determinar polas CCAA
Organismo:
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Temática:
Subvención en concurrencia competitiva
Programa de apoio aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandería
Obxecto e finalidade das axudas
Mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social en polo menos 5.000 explotacións, que completaron proxectos relacionados coa agricultura de precisión, a eficiencia enerxética, a economía circular e o uso de enerxías renovables no segundo trimestre de 2026.Data:
A determinar polas CCAA
Organismo:
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Temática:
Subvención en concorrencia competitiva
Axudas a proxectos de I+D+i no ámbito da industria conectada 4.0. (Activa Financiación)
Obxecto e finalidade das axudas
Constitúe o obxecto da presente orde o establecemento das bases reguladoras da concesión, en réximee de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos de investigación e desenvolvemento, así como proxectos de innovación en materia de organización e procesos que contribúan á transformación dixital das empresas industriais e á mellora da súa sustentabilidade ambiental como consecuencia da súa dixitalización.Data:
A que establezan as convocatorias derivadas desta orde de bases
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio y Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Axudas para realizar actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias
Obxecto e finalidade das axudas
A concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo final de enerxía en explotacións agropecuarias para contribuir a alcanzar o obxectivo de aforro enerxético fixado na Directiva 2012/27/UE e por en práctica a estratexia a longo prazo para mobilizar inversións no sector da agricultura, mellorando o seu rendemento e reducindo o consumo de enerxía no marco dos obxectivos do Plan Nacional 2021-2030.Data:
Do 22 de xuño de 2021 ao 31 de decembro de 2023
Organismo:
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
Axudas a plans de innovación e sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira
Obxecto e finalidade das axudas
Constitúe o obxecto desta orde o establecemento das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á execución de plans de innovación e de sustentabilidade no eido da industria manufactureira.Data:
Ata o 31 de maio de 2022
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria para o ano 2022 de axudas destinadas ao “Programa Misións de Ciencia e Innovación” no marco do PRTR
Obxecto e finalidade das axudas
Apoiar proxectos de investigación precompetitiva en cooperación, liderados por empresas, para conseguir unha investigación relevante que propoña solucións a desafíos transversais e estratéxicos da sociedade española; a mellora da base do coñecemento e tecnoloxía na que se apoian as empresas españolas para competir; e estimular a cooperación público-privada.Data:
Do 22 de xuño de 2022 ao 5 de setembro de 2022
Organismo:
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial E.P.E. (CDTI)
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
BBRR e convocatoria de concesión de axudas dirixidas a impulsar a innovación a través da iniciativa «Activa Startups» no marco do PRTR
Obxecto e finalidade das axudas
A presente resolución ten por obxecto convocar a concesión de axudas dirixidas a impulso da innovación aberta a través de casos de colaboración empresa e startup, que axuden ao crecemento e transformación dixital das empresas de calquera sector, a través do programa «Activa Startups», no marco do PRTR.Data:
Desde o 29 de xuño de 2022 ata o 29 de xullo de 2022
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
BBRR e convocatoria 2022 de axudas a proxectos en liñas estratéxicas
Obxecto e finalidade das axudas
As axudas están destinadas a financiar proxectos de investigación industrial en colaboración entre empresas e organismos de investigación ca finalidad de responder a desafíos identificados nas prioridades temáticas que se determinen nas convocatorias, e valoración do solapamento entre disciplinas a nivel metodolóxico, conceptual ou teórico.Data:
Desde o 14 de xuño de 2022 ata o 5 de xullo de 2022
Organismo:
Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación
Temática:
Subvención en régimen de concurrencia competitiva
Convocatoria de 2022 de axudas para o apoio a AEI con obxecto de mellorar a competitividade das PEMES
Obxecto e finalidade das axudas
Constitúe o obxecto da seguinte orde efectuar a convocatoria, dirixida ao apoio a agrupacións empresariais innovadoras, situadas ao longo de todo o territorio nacional, con obxecto de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, á transición dixital, no marco do PRTR dotándoas das capacidades e ferramientas necesarias.Data:
Desde o 29 de xuño de 2022 ata o 26 de xullo de 2022
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria da liña de axudas para o Apoio da Actividade Comercial en Zonas Rurais, no marco do PRTR
Obxecto e finalidade das axudas
A presente resolución ten por obxecto a convocatoria para as axudas en réxime de concorrencia competitiva no marco do PRTR, ás distintas entidades locais, co obxecto de apoiar a implementación, modernización e fomento da actividade comercial en zonas rurais, mellorando a competitividade, sustentabilidade e diversificación da economía rural, cuxas BBRR recóllense na Orde ICT/950/2021.Data:
Dende o 6 de xullo ata o 6 de agosto de 2022
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria da liña de axudas para o Fortalecemento da Actividade Comercial en Zonas Turísticas, PRTR
Obxecto e finalidade das axudas
A presente resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas a entidades locais, destinadas ao desenvolvemento de plans e proxectos dirixidos á introdución de melloras nas zonas comerciais turísticas.Data:
Do 6 de xullo ao 6 de agosto de 2022
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 na CCAA de Galicia
Obxecto e finalidade das axudas
Esta resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023, para os programas 1, 2 e 3 de incentivos de autoconsumo e almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, dacordo coas BBRR previstas no RD 477/2021.Data:
Do 21 de outubro de 2021 ao 2 de xaneiro de 2024
Organismo:
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
Convocatoria do Programa de Apoio ao Emprendemento Industrial no marco do PRTR
Obxecto e finalidade das axudas
O Programa de Apoio al Emprendemento Industrial levarase a cabo a través das Sociedades de Garantía Recíproca. Ten como finalidade apoiar financeiramente ás PEMES que realicen proxectos industriais de emprendmento ou crecimiento desenvolvidos. Bonificaranse os custos de financiación que solicite a PEME: a comisión de aval das SGR, os intereses do préstamo e os gastos de estudo e apertura da operación de aval e o préstamo.Data:
Do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Concesión directa - instrumental
Convocatoria de financiación de infraestruturas de investigación, equipamento científico-técnico e proxectos do Programa único I+D 6G 2022
Data:
Ata o 8 de setembro de 2022
Organismo:
Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria de axudas para a financiación de proxectos do programa UNICO SECTORIAL 2022
Obxecto e finalidade das axudas
A finalidade das axudas obxecto desta orde é promover o desenvolvemento de un ecosistema entre empresas, operadores e resto de axentes implicados para facilitar a aplicación da tecnoloxía 5G dunha maneira áxil e rápida en sectores económicos clave no noso país, impulsando así o uso desta tecnoloxía no tecido produtivo.
Data:
Ata o 9 de setembro de 2022
Organismo:
Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria de axudas á dixitalización de empresas de segmento II (entre 3 e > 10 empregados) (Programa Kit Dixital)
Obxecto e finalidade das axudas
Esta convocatoria ten por finalidade a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das entidades comprendidas no Segmento II, seleccionando, en réxime de concesión directa, aos beneficiarios das axudas mediante un procedemento de concorrencia non competitiva.Data:
Dende o 2 de setembro de 2022 ata o 2 de setembro de 2023
Organismo:
Red.es - Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III (entre 0 e menos de 3 empregados) – Programa Kit Digital
Obxecto e finalidade das axudas
Esta convocatoria ten por finalidade a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das entidades comprendidas no citado Segmento III. O importe máximo total das axudas reguladas nesta Convocatoria ascende a 500.000.000 €.Data:
Desde o 20 de outubro de 2022 ata o 20 de outubro de 2023
Organismo:
Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
Axudas a actuacións de fortalecemento industrial do sector agroalimentario dentro do PERTE Agroalimentario (2023)
Obxecto e finalidade das axudas
As axudas reguladas nesta orden de bases teñen coma finalidad contribuír aos obxectivos marcados na Inversión 2 da Compoñente 12 «Programa de impulso da Competitividade e Sustentabilidade Industrial» do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.Data:
Desde o 23 de xaneiro ata o 15 de marzo de 2023
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria para a concesión de axudas á innovación aberta a través da iniciativa “Activa Startups”
Obxecto e finalidade das axudas
Impulsar a innovación aberta a través de casos de éxito de colaboración empresa-startup que axuden ao crecemento e transformación dixital das empresas vinculadas a calquera sector, mediante a resolución de retos da propia industria a través do programa «Activa Startups».Data:
21 días naturais desde a publicación do extracto en BOE do 31 de marzo
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Axudas establecidas para o apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras para mellorar a competitividade das pemes
Obxecto e finalidade das axudas
A convocatoria ten coma obxecto mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. Enmárcase na Inversión 3.5 da compoñente 13 “Impulso ás PEMES”, do Plan de Recuperación, contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos asociados á mesma.Data:
20 días hábiles a partir do 16 de abril de 2023
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria de axudas a proxectos de I+D+i no ámbito da Industria Conectada 4.0 (ACTIVA_Financiación) no marco do PRTR (2023)
Obxecto e finalidade das axudas
A orde incentiva no ámbito da dixitalización industrial tanto a investigación industrial e o desenvolvemento tecnolóxico, coma a innovación de procesos e de organización de empresas industrias.Data:
Ata o 27 de xuño do ano 2023
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria de axudas a plans de innovación e sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira no marco do PRTR para 2023
Obxecto e finalidade das axudas
A orde incentiva o desenvolvemento e implementación de plans de innovación e sustentabilidade nas empresas industriais a través da execución de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento tecnolóxico, innovación de procesos e de organización de empresas industriais en diversas prioridades temáticas.Data:
Ata o 28 de xuño do ano 2023
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria de concesión de axudas para a formación de cualificación e recualificación da poboación activa (PRTR)
Obxecto e finalidade das axudas
Trátase dunha liña de axudas para a formación de cualificación e recualificación da poboación activa, vinculada a cualificacións profesionais en sectores estratéxicos e melloras das capacidades de transición ecolóxica destinadas a empresas, asociacións empresariais e entidades sen animo de lucro.Data:
Prazo aberto 15 días naturais dende 9 de xuño
Organismo:
Ministerio de Educación e Formación Profesional
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
BBRR para a concesión de axudas do CDTI aos programas “Axudas Cervera a Centros Tecnolóxicos e a Ecosistemas de Innovación”
Obxecto e finalidade das axudas
As presentes bases regulan a concesión das «Axudas Cervera a Centros Tecnolóxicos» e «Axudas a Ecosistemas de Innovación» do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023; destinadas a apoiar proxectos de I+D e novos proxectos empresariais do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do PRTR.Data:
Establecida na correspondente convocatoria
Organismo:
Ministerio de Ciencia e Innovación
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Axudas á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro para 2023 (PRTR)
Obxecto e finalidade das axudas
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2023, a siguiente liña de axuda:- Agricultura de precisión w tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro (Procedemento administrativo MR406E).
Data:
O prazo para presentar solicitudes remata o 27 de xullo do ano 2023
Organismo:
Consellería de Medio Rural
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Convocatoria de axudas para impulsar o crecemento das pemes a través da iniciativa «Activa Crecemento» (PRTR)
Obxecto e finalidade das axudas
A presente resolución ten por obxecto convocar a concesión de axudas dirixidas a impulsar o crecemento empresarial das pemes, a través do «Programa Activa Crecemento» de acordo con o previsto nas bases reguladores da concesión de axudas publicadas mediante a Orde ICT/819/2022, do 12 de agosto.Data:
Dende o 5 de setembro do ano 2023 ata esgotar o orzamento da convocatoria
Organismo:
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Temática:
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva