Servizos da Oficina Técnica

Vixilancia e difusión
Informar sobre os fondos europeos dispoñibles dun xeito áxil e de fácil acceso, transformándose no portelo único do sector agroalimentario en Galicia.

Análise de convocatorias e programas
Difusión e comunicación das últimas novidades nesta materia e axuda ás empresas do sector a obter o máximo proveito.

Identificación de oportunidades
Fomentar e estimular a demanda potencial de fondos, promovendo a identificación e a presentación de proxectos susceptibles de recibir iaxudas.

Asistencia e apoio
Asistencia e apoio na elaboración, tramitación e presentación de propostas coa elaboración da memoria e procedemento administrativo de solicitude.
Sobre nós
A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, impulsa a Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, aportando apoio institucional e recursos que fagan viable a iniciativa.
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) desempeña o papel directivo: coordinando, xestionando e dinamizando os diferentes axentes que interveñen neste ecosistema.
Tamén conta coa participación de EY como entidade contratada para a asistencia técnica desta oficina.